A Tomada vista dende o Castro dos Mouros (©IEM) |
O substantivo tomada é en orixe o participio do
verbo tomar, que desde o seu significado de “gañar, conquistar” pasou
a significar no léxico agrícola a acción e o resultado de actuar sobre a terra brava ou de monte co obxecto de amansala e facela apta para o cultivo.
Foro de 1554 do
mosteiro de Oia
«…las quales dhas propiedades fueron tomadas q sacastes
de monte… (…) la
cachada que llaman do val das ovellas segun
questa çerrada & circundada sobre sy que ansimismo tomastes
e sacastes de monte
(…) mas vos aforamos todas las mas toma-
das e cachadas e
bouças que tomaredes de monte…» (Oia, Foral 4º branco, 1542-1617, AHN
Clero L. 10204 f. 220v).
Non sabemos con certeza os matices que diferenciaban o
significado de tomada, cachada e bouza neste documento. Posiblemente a cachada, como o nome indica,
era simplemente o resultado de romper e arar terra inculta; a tomada na
toponimia é relativamente tardía, do século XVI ou posterior.
Bibliografía
Navaza Blanco, Gonzalo: Saiáns. Os nomes dos lugares Nº1. (IEM,
2011)
Ningún comentario:
Publicar un comentario