martes, 12 de novembro de 2013

Oliveira

Oliveira
O nome deste barrio da parroquia de Borreiros parte dunha forma simple latina olivu da que se forma olivaria. É pois  un abundancial formado mediante sufixo -eira que nos fala da importancia do cultivo de oliveiras antigamente. O número significativo de topónimos que levan este nome en toda Galiza, así como algúns resto arqueolóxicos do tipo muíños de aceite ou lagares que se teñen atopado nestas zonas revélanos que a súa produción debeu ser notable nos séculos XVI e XVII.
Neste caso particular, polo menos ata o de agora, non se detectou ningún sinal de explotación aceiteira e as oliveiras, como se sabe, onde máis abundan son nos adros das igrexas que Eladio Rodríguez (1)  interpreta como símbolo purificador do home e da morte.

Bibliografía
(Os nomes de Gondomar, Cadernos do IEM Nº4 (2002). González Chamorro, Mº Xosé)
(1) Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Ed. Galaxia, Tomo III, pp.43.


Ningún comentario:

Publicar un comentario