|
O Sobreiro |
Procede da forma latina
suber, “sobreira, cortiza”, que evolucionou ao latín vulgar
mediante varios derivados como
soberaria,
soberale ou
soberosu que deron no romance-galego a sobreira, sobral e sobroso
respectivamente, todos eles abundanciais, é dicir, lugar onde hai sobreiras. No lugar do Sobreiro no que se
encadra hoxe en día o Centro Cultural da parroquia, tivo noutros tempos o rei
dous terreos, segundo informa o Catastro do Marqués de la Ensenada (1754):
´´Seis
ferrados de sembradura de Pinar de primera calidad al sitio Sobreiro murado``
´´Ferrado y medio de Pinar de primera calidad al sitio Sobreiro, murado``
Bibliografía
González Chamorro, Mª Xosé. Os nomes
de Gondomar. Cadernos do IEM Nº4. (IEM, 2002)
Ningún comentario:
Publicar un comentario