martes, 12 de novembro de 2013

Lousado

Barrio O Lousado (©IEM)
A este nome dun barrio de Borreiros, relacionado semanticamente coas Laxes, propóñenlle algúns autores  unha probable orixe prerromana lausa, co mesmo significado de pedra plana.
Un terreo “lousado” é por tanto aquel que está cuberto de lousas ou láminas delgadas de pedra nas que fende o xisto. A parroquia, presenta a particularidade de ter entre as súas rochas predominantes a lousa, e ten moi poucas mostras de importantes outeiros graníticos. Foi isto o que levou a crer a moitos informantes que Borreiros non tiña outeiros, posto que os penedos que resaltan na paisaxe non son considerados de certa importancia e teñen moi pouca presenza na toponimia da zona.

Bibliografía
González Chamorro, Mª Xosé. Os nomes de Gondomar. Cadernos do IEM Nº4. (IEM, 2002)


Ningún comentario:

Publicar un comentario