martes, 12 de novembro de 2013

Coto

Coto
Coto é unha palabra de orixe prerromana, dunha raíz *cott-, que sobreviviu no latín galaico. Na toponimia designa prominencias pétreas do terreo ou partes máis altas dun monte aguzado como acontece no Monte do Coto, estrema entre a parroquia de Borreiros no lugar das Regadas coa Pombeira de Belesar. Non debe confundirse con couto “demarcación, territorio acoutado”, que en castelán se di coto. A forma coto ou os seus derivados (Cótaro ou Cotro, Cótara, Cotarelo…) ten presenza na toponimia de toda Galicia, do norte portugués (Coto, Cotinho, Cotelo…) e doutras áreas do norte peninsular (en Asturias e Santander Cueto, Cuétara…). Tanto no barrio das Regadas como na Sermán (parroquia de Santa Baia das Donas) recolleuse o topónimo diminutivo de coto, O Cotarel.


Bibliografía
Navaza Blanco, Gonzalo: Saiáns. Os nomes dos lugares Nº1. (IEM, 2011), p. 168

Ningún comentario:

Publicar un comentario