![]() |
O Campo do Gaigai (©IEM) |
Campo é un
substantivo de orixe latina con enorme presenza na toponimia (o Nomenclátor de
Galicia recolle 370 localidades que conteñen campo no seu nome). Polo
regular designaba un espazo aberto e chan, tanto o destinado a pastos ou a
cultivos como a outros usos.
A maioría dos topónimos que fan referencia a campos,
contan cun segundo elemento que modifica ao propio substantivo e que por unha
banda nos informa de quen é o propietario, caso do Campo do Tres Tiros
(documentado un home alcumado O Tres Tiros do que ninguén se lembra na primeira
década do século XX) ou O Campo de Morgadáns (propiedade dun veciño das Regadas
alcumado O Morgadáns por ser esta a parroquia de orixe). Pola outra banda,
contamos con denominacións referentes ao lugar no que se sitúa o campo: Os
Campos da Capela (próximos á Capela da Xunqueira) ou Os Campos do Telleiro
(conxunto de pequenas terras enclavadas no barrio homónimo).
Bibliografía
Navaza Blanco, Gonzalo: Saiáns. Os
nomes dos lugares Nº1. (IEM, 2011), p. 200
Ningún comentario:
Publicar un comentario