![]() |
A Xunqueira e o Río Miñor (©IEM) |
Vén o nome deste barrio de Borreiros do latín iuncu, do que derivaron os abundanciais iuncaria
e iuncale (Xunqueira e Xuncal)
que significa o lugar onde medran abundantemente os xuncos, que polo xeral é
nas desembocaduras dos ríos, como neste caso na do Miñor, e nas zonas moi
húmidas. Era a materia prima destes lugares, o xunco, moi empregada para a
confección de corozas, impermeables antigos utilizadas nos días de chuvia na
zona. É un topónimo frecuentemente castelanizado por culpa da instalación dun
Centro de Saúde preto, o que fai que moita xente o diga en castelán erroneamente:
Voy al médico a la Junquera.
Bibliografía
(Os nomes de Gondomar, Cadernos do
IEM Nº4 (2002). González Chamorro, Mº Xosé)
Ningún comentario:
Publicar un comentario