Capela da Virxe da Luz |
Localización: Na
marxe esquerda da estrada que conduce ao barrio de Telleiro, no lugar da
Xunqueira, e adxacente á ribeira do río Miñor.
Descrición: tipoloxía
da planta: Edificación dunha nave e capela de planta rectangular. A capela
maior é máis baixa e estreita que a nave.
Cronoloxía:
Segundo unha inscrición que figura nunha doela do arco da portada, dátase no
século XVII: “AÑO DE 1723”
Inicialmente, a capela pertencía á propiedade do pazo dos
Pereira ou de Gabiño . Sitúase nun contorno de sobrada fermosura, moi próxima á
desembocadura do río Miñor.
O seu contorno inmediato sufriu distintas agresións; aínda
así, é reversible e recuperable.
A sancristía ten unha superficie duns 8m² e
a nave aproxímase aos 75 m² .
Bibliografía
Soliño Troncoso, Antonio e outros. Gondomar. Historia, Arte e Territorio.
IR INDO, 1995.
Ningún comentario:
Publicar un comentario